As bágoas de Julia

Fin das vacacións. Levaba todo consigo: á súa nai, ós seus irmáns, ó seu marido e os seus dous fillos que xogaban e rían no coche parado na Capilla.
Pero ela choraba. Choraba pola terriña que deixaba, pola familia que quedaba, pola casa que de ano en ano revivía durante eses días de verán.
Bágoas de emigrante, de camiñante. De quen foi arrincado e obrigado a partir. Do que volta a marchar, sentindo  que algo morre cada fin de verán.
 Bágoas de resignación, de emoción, de paixón.
Bágoas por correchouso, porque pudo ser calquera outro, pero naceu en Correchouso.
 E cada vez que aquí chove, semella os choros de quen quere e non pode.

A despedida máis difícil, a última antes de partir :o  cemiterio, onde sí retornamos, para por fin quedarnos.

O Barxo


Quizais a primeira foto de moitas que virán .

  Unha das promesas electorais, que como todas hai que tomala con precaución , foi a de facer unha praia fluvial no Barxo.Polo de agora, o proxecto parece que está en marcha, ainda que hai moito río que andar.
Trataríase de deixar a vella presa case como está e xusto antes dela, poñer unhas comportas que permitisen ó río facer unha charca artificial para o baño e disfrute de todos. A ver se de paso a climatizan un pouco ,porque a verdade é que a maioría da xente chéganos con mollar os pes...