Hoxe,Correchouso despide a Eduardo
5.8.12 |
Publicado por
correchousana
en
9:14
0
comentarios
Etiquetas: adios
20 anos de Comisión. 20 anos de festa.
No escalón. Alí empezou esta andaina fai uns 20 anos. En Xullo, nas vísporas da festa. Un grupo de nenos lamentabamos que xa o día 25 pasase como outro calquera, sen pena nen gloria.
Unha voz, a de Eduardo, que nos propuxo ser precisamente nós os que tomásemos o relevo.
E comenzamos a andar da súa man. Eduardo, Laura, Aki, Javier, Garfexo, Carlos....según os anos e as circunstancias uns salían , outros entraban. Isa, Fasolín, Edu pequeno....coas axudas de persoas como o Luis ,o Laureano, o Reló, o Aquilino,a Espe.
A Capilla convertiuse no mes da festa en lugar de reunión e diversión. A excusa era o bar da comisión, pero o importante , o fermoso, polo que valía a pena todo, era a xuntanza.
Fomos avanzando ano a ano. O equipo de música, os altavoces, os enfriadores de bebida, a tan controvertida caseta, o proxector de cine, a pantalla xigante, as mesas e sillas , as sombrillas,....
En cambio, estes últimos anos, notábase o cansancio. Cansancio da xente , que quizais porque xa cada xullo era o mesmo e sempre estábamos ahí, xa non subía ás noites a arrouparnos. Cansancio da Comisión, que moitas noites estábamos solos ou case solos a pesar de todos os esforzos para seguir fomentando a unión e a diversión.
Por iso, falábamos dun descanso. Un ano sen festa. Para que a xente o seguinte ano a tomase con máis ganas e para nós descansar e ter un verán de vacacións de verdade, sen miles de obrigacións , viaxes e traballos varios.
Pois ben. Ese ano chegou. Nunhas circunstancias durísimas que nin imaxinamos nos peores soños.
Volverá a festa a Correchouso, pero xa será outro ano. Este ano a Comisión está de luto.
![]() |
| Nunca ninguén ocupará a teu lugar . Gracias. |
25.7.12 |
Publicado por
correchousana
en
19:08
0
comentarios
Edu
Cuando una persona querida está al lado, la vives cada día, pero cuando se va, la sigues viviendo en los recuerdos. No quieres que ninguno se te olvide y rescatas incluso aquellos que ya creías olvidados.
Con Edu siempre mirábamos hacia delante, era imposible no hacerlo.
Ahora, con todo nuestro dolor , tenemos que mirar hacia atrás.
Desde que llegó a Correchouso de mano de Esperanza, cubriendo su timidez con una barba espesa hasta que se convirtió en el alma de las fiestas del pueblo hay todo un bonito camino que él llenó de generosidad, amistad, risas, diversión, buenas conversaciones, respeto, lucha, cariño desinteresado....
Supo encontrar su hueco, donde se encontraba agusto, feliz, realizado.
Muchos amamos Correchouso, pero creo que nadie como él lo ha hecho revivir año tras año de forma tan desinteresada.
Durante estos duros nueve meses, volvió al pueblo infinidad de veces, volando con sus sueños y su mente. Se montó en su moto para recorrerlo , saludando al pasar a los que en la fuente tomaban el fresco, parando a hablar con los que lo hacían en el escalón, subiendo las escaleras de Laureano para tomar el café, sacando con bromas al "Jambo" de la cama mientras hablaba con Martín o discutía conmigo cualquier asunto de la comisión, tomando una cerveza con Luis y Reló, apareciendo luego en el río donde Espe toma el sol simplemente a decirle hola, abriendo el bar, instando a su hijo a que conecte el proyector y ponga la música, mirando orgulloso a la gente disfrutar y divertirse porque ese era su principal y más importante objetivo, sin esperar más que eso a cambio de todo su esfuerzo.
Los que tenemos la suerte de ser además parte de sus amigos o su familia...no encontramos palabras para expresar todo aquello, que afortunadamente pudimos decirle con un simple abrazo.
Edu, gracias. Y no te preocupes, ya no te irás de Correchouso porque vivirás para siempre dentro de las cabezas y los corazones de todos los que te queremos.
Porque pudo ser cualquier otro, pero Edu elegió quedarse para siempre en Correchouso.
Y nosotros, alegrémonos, porque alguien más nos esperará del otro lado....y , seguramente , con el bar abierto.
17.7.12 |
Publicado por
correchousana
en
19:20
1 comentarios
Etiquetas: adios
Valores
Son das que penso que esta crise económica subraia inda máis a crise de valores que como sociedade vamos perdendo.
Se escoitamos ós nosos avós , ós nosos pais contar historias de cando eles eran nenos en Correchouso, claramente podemos notar cómo medra cos anos o egoísmo e o individualismo. Cómo a abundancia non sempre trae a felicidade. Moitas veces escoitei á miña avoa iso de : "solo tiñamos un cacho de pan pa todos, pero éramos felices".
Por iso quero aquí recoñecer o labor de esas persoas que non só barren a súa casa por dentro, senón que empregan o seu tempo en barrer tamén a calle que pisamos todos.
Que decoran o seu balcón, pero sempre hai unha pranta que lles sobra para poñer ó outro lado da porta e alegrar ó que pasa e a mira.
Que arreglan o tellado da súa casa, e fano voar un pouco máis para dar cobixo ós que pasamos arrimados cando chove.
Que se non sae auga na fonte, cerran os seus grifos e soben á Fraga a arreglar a traída para todos.
Que preparan a parrilla para asar un lombelo para a comida, e coas brasas que quedan pensan en asar para facer unha merendola para todos.
Que cando van segar o seu campo, levan a gadaña aberta e van limpando a maleza dos camiños.
Que empregan as súas vacacións no pobo para darlle vida e aportar alegría , e festa.
Xente que non só mira o seu ben, senón o ben da comunidade. Que loita porque non se perdan valores como a unión, que fan de Correchouso ese refuxio onde os que vimos sempre nos encontramos acollidos, e queridos.
21.4.12 |
Publicado por
correchousana
en
8:02
0
comentarios
Etiquetas: correchousadas
As bágoas de Julia
Fin das vacacións. Levaba todo consigo: á súa nai, ós seus irmáns, ó seu marido e os seus dous fillos que xogaban e rían no coche parado na Capilla.
Pero ela choraba. Choraba pola terriña que deixaba, pola familia que quedaba, pola casa que de ano en ano revivía durante eses días de verán.
Bágoas de emigrante, de camiñante. De quen foi arrincado e obrigado a partir. Do que volta a marchar, sentindo que algo morre cada fin de verán.
Bágoas de resignación, de emoción, de paixón.
Bágoas por correchouso, porque pudo ser calquera outro, pero naceu en Correchouso.
E cada vez que aquí chove, semella os choros de quen quere e non pode.
31.8.11 |
Publicado por
correchousana
en
7:27
0
comentarios
Etiquetas: correchousadas
O Barxo
| Quizais a primeira foto de moitas que virán . |
Unha das promesas electorais, que como todas hai que tomala con precaución , foi a de facer unha praia fluvial no Barxo.Polo de agora, o proxecto parece que está en marcha, ainda que hai moito río que andar.
Trataríase de deixar a vella presa case como está e xusto antes dela, poñer unhas comportas que permitisen ó río facer unha charca artificial para o baño e disfrute de todos. A ver se de paso a climatizan un pouco ,porque a verdade é que a maioría da xente chéganos con mollar os pes...
1.8.11 |
Publicado por
correchousana
en
10:08
1 comentarios
Etiquetas: Noticias


