Valores

Son das que penso que esta crise económica subraia inda máis  a crise de valores que como sociedade vamos perdendo.
Se escoitamos ós nosos avós , ós nosos pais contar historias de cando eles eran nenos en Correchouso, claramente podemos notar cómo medra cos anos o egoísmo e  o individualismo. Cómo a abundancia non sempre trae a felicidade. Moitas veces escoitei á miña avoa iso de : "solo tiñamos un cacho de pan pa todos, pero éramos felices".
Por iso quero aquí recoñecer o labor de esas persoas que non só barren a súa casa por dentro, senón que empregan o seu tempo en barrer tamén a calle que pisamos todos.
Que decoran o seu balcón, pero sempre hai unha pranta que lles sobra para poñer ó outro lado  da porta e alegrar ó que pasa e a mira.
Que arreglan o tellado da súa casa, e fano voar un pouco máis para dar cobixo ós que pasamos  arrimados cando chove.
Que se non sae auga na fonte, cerran os seus grifos e soben á Fraga a arreglar a traída para todos.
Que  preparan a parrilla para asar un lombelo para a comida, e coas brasas que quedan pensan en asar para facer unha merendola para todos. 
Que cando van segar o seu campo, levan a gadaña aberta e van limpando a maleza dos camiños.
Que empregan as súas vacacións no pobo para darlle vida e aportar alegría , e festa.
Xente que non só mira o seu ben, senón o ben da comunidade. Que loita porque non se perdan valores como a unión, que fan de Correchouso ese refuxio onde os que vimos sempre nos encontramos acollidos, e queridos.

0 comentarios:

Publicar un comentario