No escalón. Alí empezou esta andaina fai uns 20 anos. En Xullo, nas vísporas da festa. Un grupo de nenos lamentabamos que xa o día 25 pasase como outro calquera, sen pena nen gloria.
Unha voz, a de Eduardo, que nos propuxo ser precisamente nós os que tomásemos o relevo.
E comenzamos a andar da súa man. Eduardo, Laura, Aki, Javier, Garfexo, Carlos....según os anos e as circunstancias uns salían , outros entraban. Isa, Fasolín, Edu pequeno....coas axudas de persoas como o Luis ,o Laureano, o Reló, o Aquilino,a Espe.
A Capilla convertiuse no mes da festa en lugar de reunión e diversión. A excusa era o bar da comisión, pero o importante , o fermoso, polo que valía a pena todo, era a xuntanza.
Fomos avanzando ano a ano. O equipo de música, os altavoces, os enfriadores de bebida, a tan controvertida caseta, o proxector de cine, a pantalla xigante, as mesas e sillas , as sombrillas,....
En cambio, estes últimos anos, notábase o cansancio. Cansancio da xente , que quizais porque xa cada xullo era o mesmo e sempre estábamos ahí, xa non subía ás noites a arrouparnos. Cansancio da Comisión, que moitas noites estábamos solos ou case solos a pesar de todos os esforzos para seguir fomentando a unión e a diversión.
Por iso, falábamos dun descanso. Un ano sen festa. Para que a xente o seguinte ano a tomase con máis ganas e para nós descansar e ter un verán de vacacións de verdade, sen miles de obrigacións , viaxes e traballos varios.
Pois ben. Ese ano chegou. Nunhas circunstancias durísimas que nin imaxinamos nos peores soños.
Volverá a festa a Correchouso, pero xa será outro ano. Este ano a Comisión está de luto.
![]() |
| Nunca ninguén ocupará a teu lugar . Gracias. |


0 comentarios:
Publicar un comentario